Vigo celebra a chegada da primavera coa Festa dos Maios

Publicidad

Vigo está máis que nunca na primavera. Decenas de persoas de todas as edades abarrotaron este domingo a Praza do Berbés para participar da exaltación da natureza que sempre propón a Festa dos Maios.

Esta cita que da tanta importancia ao noso medio natural e que destaca pola creación de figuras a partires de xestas, flores ou froitos tivo lugar este domingo 13 preto da oficina da Asociación Veciñal Casco Vello, colectivo que organiza esta festividade en colaboración co Concello e a Deputación.

A festa comezou cedo. Os máis pequenos xa tiñan na zona do Berbés obradoiros infantís centrados na experiencia dos Maios e co obxectivo de impartir o respeto pola natureza entre a rapazada. A troula no Casco Vello continuou ata as 18:00 horas, momento no que tivo lugar o acto central da xornada coa representación dramatizada dos Maios, unha actuación na que a primavera vence ao inverno e que finalizou coa actuación do grupo musical Os Viqueiras.

Salir de la versión móvil