Vigo estrea o documental que recolle a loita de Tameiga contra o proxecto do centro comercial do Celta

Publicidad

O documental, producido por Ecoloxistas en Acción e realizado por Urco Produccións, narra os catro anos da loita dos comuneiros de Tameiga contra o proxecto de macrocentro comercial do Real Club Celta nos seus montes. A través das testemuñas de veciñanza comuneira, representantes de asociacións veciñais, comunidades de augas e activistas ecoloxistas, recolle as orixes da mobilización desde que Celta e Concello de Mos anunciaran o proxecto ata a actualidade, no que a xustiza declarou ilegal unha parte das obras da cidade deportiva.

A narración do largometraxe aborda a historia de xeito cronolóxico reflexando as asembleas, andainas e manifestacións en defensa do monte comunal, intercaladas coas entrevistas, e como se vai xerando unha conciencia colectiva que antepón os bens comúns, a natureza e a auga, ao lucro empresarial privado que especula cos montes.

Ao remate da proxección haberá un coloquio con representantes da Comunidade de Montes de Tameiga, da plataforma Auga é Vida, de colectivos ecoloxistas como Amigos da Terra.

Ecoloxistas en Acción quere levar esta testemuña dunha loita exemplar e sostida no tempo a cidades como Vigo, onde o seu tecido social e ecoloxista sempre manifestou a súa solidariedade, apoio e vinculación coa loita da veciñanza de Mos. Especialmente destaca a solidariedade das Comuneiras de Cabral, amenazadas por un "pelotazo urbanístico similar" nos seus montes, Porto Cabral.

Salir de la versión móvil