Nun acto oficial convocado desde a Alcaldía, o Concello de Vigo ofreceu un "recordo e recoñecemento", entre outras personalidades, ós alcaldes da cidade e Lavadores por aquel entonces, Martínez Garrido e Antela Conde, respectivamente, asasinados polo alzamento do fascismo que lideraba o dictador Francisco Franco en 1936.
O Xardín da Memoria Histórica volveu ser o escenario desta cita na que se lembra ós fusilados na madrugada do 27 de agosto de 1936, personalidades que foron "asasinadas polo feito de ser demócratas", sinalaba no discurso Abel Caballero.
O rexedor vigués tamén tivo palabras sobre a exhumación do fascista Francisco Franco destacando que "hoxe é o tempo de facer que o dictador deixe o Valle dos Caídos. É o tempo de facer xustiza social e legal para tratar que na memoria dos demócratas non quede ningunha homenaxe para ningún fascista", afirmaba Abel Caballero ante os aplausos dos asistentes.
O alcalde interveu recoñecendo a memoria de todos eses demócratas asasinados naquela "noite de pedra" que durou corenta anos. Apolinar Torres, Gil Santóstegui, González Brunet, Enrique Blein Budiño. A homenaxe contou coa presenza de familiares de Martínez Garrido, Antela Conde e Antonio Bilbatúa. O acto concluíu cunha ofrenda floral e un minuto de silencio.
O acto contou coa participación do goberno de Vigo e de concelleiros de En Marea e a ausencia de representación do Partido Popular.