domingo, 3 de julio 2022

junio de 2022

03jun20:30Concerto grupos Vigo en LoitaCONCIERTOS | VIGO | GRATIS20:30 Sala Molotov Vigo

Detalles

O club Molotov acollerá o vindeiro venres 3 de xuño un concerto organizado pola plataforma Grupos de Vigo en Loita, onde se reclamará a mellora das salas de ensaio de Vigosónico logo do recorte en horas dispoñibles e condicións dende a súa reapertura a principios deste mes. Tamén servirá para reivindicar a presencia de bandas viguesas na programación de verán do Concello, que, para o colectivo organizador “brilla pola súa ausencia, especialmente cando esta podería servir de altofalante da cultura da cidade xuntando aos artistas da cidade cos grandes nomes internacionais”. Así, este concerto inclúe a sete bandas da escena punteiras en diferentes estilos, dende o rap de La Cloaka Sound e JCA, pasando polo punk dos Vacalouras, o metalcore de Arson Tides, a mestura de rap e rock do Puto Show, o pop punk de Gracias por Nada, o rock duro de West Ride ou o rock de Einconscientes. Unha chea de bandas viguesas para contrarrestar a falta destas na programación municipal.

Fecha

viernes, 3 junio

Dirección

Sala Molotov Vigo

Tr.ª Santiago de Vigo, 1, 36201 Vigo

Hora

20:30 horas

Precio

Gratis

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

X