jueves, 30 de junio 2022

diciembre de 2021

26dic18:30MARÍA FUMAÇA "O VELEIRO VERDE" EN VIGOPEQUES | VIGO | 7€18:30 Auditorio Mar de Vigo

Detalles

A locomotora non para e surca os mares a bordo dun veleiro que chegou ás nosas vidas para facernos mudar o rumbo e remover conciencias.

Ao igual que nos anteriores espectáculos, a festa está garantida. Botamos leña á caldeira e subimos un chisco os decibelios para que nos escoiten con toda a enerxía, sen medias tintas. Con máis flow, rock rebelde, co noso Ruiguetón, e funk, sen esquecer o tradi, marca da casa.

O noso maquinista, Ruí, medrou e, xa maior de idade, segue a ser o que nos guía e nos dá alento para saír aos escenarios cunha nova estética, mais preservando os valores que sempre nos moveron. Notaredes que houbo unha evolución lóxica nun proxecto vivo e en constante movemento.

Cantamos, protestamos ben alto e ben forte, pois abonda xa de non escoitar as nosas opinións, as nosas arelas, as nosas xustas reclamacións, de non respectar a inclusión, a igualdade de xénero e o dereito a medrar nun planeta vivo, verde e con futuro.

É unha explosión de cor, un lóstrego de esperanza, unha greta pola que se cola o optimismo dando chimpos de alegría. A mensaxe é clara: temos azos para afrontar a travesía do futuro. O veleiro verde de María Fumaça é moito máis que un veleiro. É un transformador de enerxía. Proba a subir nel e verás como podes cambiar o mundo, desafiar a lei da gravidade e voar a outros universos, onde poder recomezar e habitar un espazo máis leve, máis lúdico e máis humano.

Fecha

domingo, 26 diciembre

Dirección

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59, 36202 Vigo

Hora

18:30 horas

Precio

7,75 euros | Entradas en teuticket

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

X