A tartaruga mariña atopada en Cabo Vilán volve ao mar tras completar a súa recuperación

Publicidad

Unha tartaruga mariña localizada esta primavera na costa galega foi liberada na boca da ría de Arousa tras completar a súa recuperación nas instalacións da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (Cemma) e da Xunta de Galicia. O exemplar, que foi bautizado como Vilán, embarcou o pasado sábado ás 09,00 h en Cambados no Chasula, o medio no que a Cemma adoita realizar as súas campañas de seguimento de cetáceos.

Vilán foi localizada o pasado 25 de maio na bomba de succión de auga mariña da granxa acuícola de Cabo Vilán, en Camariñas. En canto detectaron a súa presenza, os responsables da instalación recollérona e deron a alerta. O exemplar medía nese momento 29 centímetros e pesaba 1.650 gramos. O equipo veterinario determinou, tras sometela ás correspondentes probas diagnósticas, que o incidente non lle causara lesións graves.

O animal foi trasladado nun primeiro momento á UCI de tartarugas mariñas que a Cemma ten en Nigrán, onde o seu estado foi moi bo e de seguida comezaron a alimentarse por si mesmos. Nunha segunda fase e no momento en que a súa evolución así o aconsellou, Vilán foi trasladada ao Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), dependente da Consellería do Mar e localizado na Illa de Arousa, no que se contou para o seu coidado coa colaboración do profesorado e alumnado do centro.

Debido ao seu bo estado de saúde, recentemente o equipo veterinario decidiu darlle a alta para que fora liberado no seu medio natural, unha solta que tras varios aprazamentos por mor das condicións desfavorables do mar levouse a cabo esta fin de semana.

Salir de la versión móvil