A Xunta entrega máis de 600.000 euros ás asociacións veciñais da comarca de Vigo

A Xunta de Galicia destinou este ano 2,5 millóns de euros a unha liña de axudas con 43 subvenciones concedidas na área territorial de Vigo por importe de 601.241 euros Así o defendeu esta semana adelegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, durante unha visita ao local social da Asociación de Veciños Cristo da Victoria, que recibiu este ano 11.918,50 euros para reformas de albanelería e carpintería interior e exterior, incluíndo la renovación dos aseos. No concello vigués foron 14 as asociacións beneficiarias con máis de 201.000 euros.

Fernández-Tapias remarcou a “aposta da Xunta por atender ao asociacionismo veciñal, contribuíndo a mellorar a calidade e vida local” mediante investimentos tanto de obras nos locais sociais como na dotación do equipamento para levar a cabo as súas actividades.

A delegada informou de que o DOG publica unha ampliación do prazo, ata o 15 de novembro de 2021, para que as entidades beneficiarias poidan executar o proxecto subvencionado e presentar a correspondente xustificación dos investimentos realizados, “co fin de facer viable o proceso e posibilitar o cumprimento do procedemento de xestión”.

No marco destas achegas, as asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais beneficiarias reciben apoio para financiar os seus proxectos relacionados co acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais e compra de novos equipamentos, o que lles permite manter o seu funcionamento, a prestación de novos servizos e a organización de actividades.

En canto ás comunidades de usuarios de augas, incluídas na orde, ademais dos anteriores investimentos, poden destinar estas axudas a obras de mellora, reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias.

Salir de la versión móvil