O Vialia Vigo súmase ás celebracións do Día das Letras Galegas e celebrará este martes 16 de maio un obradoiro infantil educativo co obxectivo de poñer en valor a importancia da lingua e a creación literaria en galego entre os máis pequenos. Desde as 17:30 horas, os nenos e nenas que acudan á zona de Vigo Exporta do centro comercial poderán contribuír a completar un mural coa bandeira de Galicia con notas adhesivas onde escriban e deixen as mensaxes, expresións e palabras máis representativas da lingua galega. O mural que finalmente creen cooperando entre todos os asistentes estará en exhibición até o domingo 21 de maio.
As tradicións e cultura de Galicia volverán ser protagonistas o sábado 27 de maio ás 17:30 horas, co espectáculo musical e familiar de Ramona Órbita que a través de cancións e a narración oral difunde a importancia de coidar o espazo rural e crear un mundo mellor, máis ecolóxico e con enerxías limpas.
Choiva de premios, música e diversión no Vialia Bingo
O próximo 20 de maio a partir das 18:30 horas celebrarase o Vialia Bingo na zona Foodcourt do centro comercial, onde os participantes poderán a optar a múltiples premios, como un Samsung Galaxy A23, uns auriculares Beats Studio Buds ou tarxetas de agasallo por valor de 100 euros. O evento contará ademais coa actuación do grupo circense Os Saltimbanquis, así como música en directo.
Os interesados en participar poden adquirir os cartóns no punto de información de Vialia Vigo, presentando un tícket de compra de calquera establecemento de valor igual ou superior a 20 euros, podendo facerse cun máximo de catro cartóns por participante.
Axenda completa de actividades
- 16 de maio (17:30 horas) Obradoiro didáctico: Día das Letras Galegas – Zona Vigo Exporta
- 19 de maio (19:30 horas) Actuación musical: Os Mortymer – Foodcourt
- 20 de maio (18:30 horas) Vialia Bingo – Foodcourt
- 23 de maio (17:30 horas) Obradoiro creativo: Sirenas e unicornios – Zona Vigo Exporta
- 26 de maio (19:30 horas) Actuación musical: Anahi – Foodcourt
- 27 de maio (17:30 horas) Música e tradición en familia: Ramona Órbita – Foodcourt
- 27 de maio (20:30 horas) Espectáculo de flamenco coa Casa de Andalucía – Foodcourt
- 28 de maio (de 09:00 a 20:00 horas) – Eleccións municipais: Colexio electoral en Vialia – Sala inmersiva.
- 30 de maio (17:30 horas) Taller ambiental: Salvemos o Planeta – Zona Vigo Exporta
Abertas as inscricións para a II edición de Tic Tac Chess
Por segundo ano consecutivo, Vialia Vigo formará parte dos seis dos centros comerciais xestionados por Nhood que buscan ao mellor talento novo do xadrez de España, en colaboración coa escola nacional Master Chess, a través do Torneo Tic Tac Chess de Xadrez Escolar.
O próximo 17 de xuño celebrarase esta fase eliminatoria na que poderán participar todos os alumnos e alumnas de infantil ou primaria afeccionados a este deporte, cunha puntuación inferior a 1.200 puntos tanto en FEDA, FIDE e ritmos de xogo, en caso de ser federados. Os gañadores clasificaranse para a final, que terá lugar o próximo 16 de setembro no Centro Comercial a Dehesa de Alcalá de Henares. Os mozos e centros educativos interesados en participar deberán encher o formulario de participación na web de Master Chess (www.masterchess.es).
Tic Tac Chess forma parte das accións que anualmente Nhood organiza nos seus centros comerciais para fomentar a práctica deportiva e de lecer entre os máis novos, “Consideramos que a posta en marcha de accións culturais, sociais e ambientais que impliquen de forma directa aos vigueses e viguesas é algo positivo para seguir construíndo comunidade. Vialia Vigo seguirá impulsando actividades que redunden neste impacto positivo para a cidade, os seus visitantes e todos os que a gozamos día a día”, asegura, Natalia González, responsable de Vialia Estación de Vigo.