As Neves súmase ao proxecto “Desplastifícate”

Publicidad

Estudantes das Neves participan no proxecto da Rede de Escolas da Unesco que ten como obxectivo cumprir os obxectivos de desenvolvemento sustentable da ONU. A concelleira de Educación, Pilar González Casas, asistiu o pasado luns, convidada pola representante das Escolas Unesco, Belén Jorge, a un acto no IES das Neves dentro da acción “Desplastifícate”.

Na actividade, a concelleiro entregou ao centro unha boneca chamada “Plastiquina”, elaborada nun colexio de Tenerife, e que xa é un “símbolo” e a “mascota” desta iniciativa e que vai pasando polos distintos centros que traballan no proxecto, entre eles 15 de toda Galicia, ata abranguer a máis de 150.000 estudantes de todo o Estado.

Os obxectivos de “Desplastifícate”, que están orientados a concienciar ao alumnado no abusivo consumo do plástico, impulsan accións coma a utilización de cantimploras para a auga no acto de botellas, o uso de bolsas de tea ou friameiras no lugar de papel de alumiño para envolver e levar os bocadillos, o uso de pratos e cubertos re-utilizábeis, a eliminación do uso do plástico para forrar os libros, a reciclaxe de bolígrafos ou a realización de compostaxe.

Salir de la versión móvil