Baiona presenta un "orixinal lavado de cara" a través da súa nova identidade visual

Publicidad

O Concello de Baiona conta cunha nova identidade visual, un "orixinal lavado de cara que servirá para dotar á vila dunha potente imaxe que a faga situarse no mapa do turismo mundial". Esta campaña de “brand ciudad” xa se pode ver polas principais rúas e prazas do municipio e serve de nexo de unión para todas as comunicacións públicas e todas as plataformas dependentes do concello.

Precisamente, terminar con esa falta de unidade que, ata o de agora, sufría a vila en termos de identidade visual foi o gran obxectivo desta iniciativa, que se inspira no que xa vén facendo desde hai anos en cidades de todo o mundo. De feito, a primeira intención da campaña era tan só unificar visualmente algúns documentos oficiais, pero de aí pasouse a vestir por completo unha localidade enteira.

En todo caso, esta iniciativa non só redúcese a outorgar unha maior visibilidade a Baiona en termos de reclamo turístico, senón que tamén vai dirixida cara a propia veciñanza que, dunha maneira indubidable, comprobarán a acción do concello a través dunha nova tipografía e un mostrario de orixinais iconas estreitamente vinculados á vila", explican dende o Concello.

Os piares nos que se sustenta a campaña de identidade visual levada a cabo pola axencia Freebox, con sede en Vigo, "son a historia, a sustentabilidade, a cultura e o deporte, catro atractivos innegables de Baiona que agora teñen a súa perfecta representación no nome da vila proxectado cunha tipografía absolutamente orixinal, que xoga con liñas sinuosas que lembran ás ondas do mar, coa sensación de cidade activa a través dun destacado “on”, as cores da bandeira da vila e un corazón que busca o agarimo de veciños, veciñas e visitantes".

A nova identidade visual de Baiona tamén servirá para "unificar a comunicación oficial do Concello de Baiona" a través das diferentes redes sociais, acompañará as firmas dos correos electrónicos oficiais e será utilizada en diverso material promocional para poder levar o nome de Baiona por todo o mundo.

Salir de la versión móvil