Imposible sen ti, o spot que une a Celta e Dépor

Publicidad

O derbi galego xa está á volta da esquina. O Celta sacou á venda as entradas para o partido ante o seu eterno rival. Case ao mesmo tempo, Abanca publicaba nas súas redes sociais un novo capítulo de "Imposible sen ti", unha serie que naceu nestas últimas tempadas coa finalidade de promover a rivalidad sa entre celtistas e deportivistas.

A entidade bancaria presenta, como sinala no seu post, "unha historia de fútbol, retranca e desfibriladores". O anuncio amosa a Ramón, paciente deportivista que está preto de recibir á alta hospitalaria, aínda que non quere voltar a casa para poder ver o derbi galego co seu compañeiro de habitación, afeccionado do Celta.

A campaña "Imposible sen ti" conseguiu o seu propósito nestas últimas tempadas. O spot supón o comezo dunha semana na que destaca a cordialidade entre xogadores e adestradores. De feito, o seguinte paso será a coincidencia nun acto dos preparadores do Celta e do Deportivo, Juan Carlos Unzué e Seedorf, e de dous xogadores dos dous conxuntos.

Salir de la versión móvil