O Entroido de Verán de Redondela contará con Puntos Violeta e Arco da Vella

Publicidad

O Entroido de Verán de Redondela, que se celebrará este sábado, 20 de agosto, volve por todo o alto tras este parón de dous anos provocado pola COVID-19. Nel as cores das diferentes vestimentas, a música, os concertos e as atraccións para os máis pequenos serán o plato forte desta festa na que cada edición xunta a miles de persoas de todo o área. 

Este ano, o Entroido de Verán contará con Puntos Violeta. Esta iniciativa forma parte da política de prevención da violencia machista que desenvolve o Goberno que preside Digna Rivas a través da Concellería de Igualdade xestionada por Iria Vilaboa. A alcaldesa, Digna Rivas, lembra a importancia deste tipo de espazos en festas tan multitudinarias “os Puntos Violeta desenvolven unha labor fundamental non só na atención a posibles vítimas de agresións sexistas, senón tamén como espazos de sensibilización á mocidade sobre a importancia da igualdade e do respecto ás mulleres”.

Os Puntos Violeta estarán atendidos por técnicas de Igualdade. Así mesmo, quedarán instalados na Praza do Concello e no Campo da Feira e serán de fácil localización a través dos dispositivos móbiles. Para poder atopalos só necesitarase escanear o código QR que figura nos carteis informativos que o Concello está colocando en diferentes puntos do casco urbano baixo o lema “Por un entroido seguro libre de violencia machista”. 

Doutra banda e a carón dos Puntos Violenta, tanto na Praza do Concello coma no Campo da Feira, a asociación Pvlse instalará puntos Arco da Vella co obxectivo de sensibilizar e informar á veciñanza sobre a diversidade e identidade sexual e, ao mesmo tempo, de visibilizar ás persoas LGTBIQ+.

Mantendo a política de accesibilidade, en todos os seus eidos, que desenvolven dende o Concello de Redondela, os Puntos Lila e Puntos Arco da Vella contarán con intérpretes de lingua de signos

Podes consultar os Puntos Violetas e Arco da Vella pinchando aquí.

Salir de la versión móvil