O Concello de Redondela presenta por terceiro ano consecutivo a campaña ‘Redondela xoga en igualdade’, iniciativa pola que o Concello mercará xoguetes para, posteriormente, ser distribuídos entre as familias usuarias dos Servizos Sociais municipais. "Estamos a falar de solidariedade e non de caridade. O Nadal ten que ser para todos os nenos e nenas por igual, se non non sería Nadal”, afirmou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.
Do mesmo xeito que os anos anteriores, á hora de adquirir os xoguetes procurarase que estes sexan “igualitarios e non sexistas”, porque o goberno local entende que “a través do xogo pódese inculcar valores como a igualdade, imprescindible no camiño cara unha sociedade máis xusta”. A rexedora redondelana agradeceu a colaboración das xogueterías locais porque, “cando se lles presentou a idea, non dubidaron nin un só instante en sumarse á mesma para tentar que a situación económica dás familias non repercuta na ilusión coa que vos máis pequenos viven estas datas”, destacou Digna Rivas.
Así, coa campaña “Redondela xoga en igualdade” cúmprense tres claros obxectivos: que ningún neno quede sen xoguetes en Nadal, fomentar a igualdade e apoiar e dinamizar o comercio local. “Ademáis, cúmprese o principio de transversalidade que, en materia de igualdade, busca o Goberno local en todas e cada unha das súas actuación como ferramenta de concienciación social”, conclúe Rivas.