Reforestación nas Neves para “renacer” dos incendios de 2017

Publicidad

Ducias de persoas acudiron o pasado domingo ao concello das Neves para colaborar na plantación de 1.500 árbores máis. A reforestación, impulsada pola empresa ONE OAK, as Comunidades de Montes e “Voluntariado das Neves”, levouse a cabo na contorna do Camiño dos Pescadores, a zona pola que “entraran” as lapas durante o incendio de outubro de 2017.

Cos novos freixos e vidueiros, xunto cos castiñeiros, achegados por ONE OAK a través do seu proxecto “Renacer”, suman xa 10.000 árbores, todas elas autóctonas, as que foron prantadas ata hoxe nas Neves coa finalidade de crear un “cortalumes verde” na ribeira do Miño, a zona pola que entraron as lapas que queimaron o 90% da superficie das Neves hai dos anos.

Xosé Manuel Rodríguez, alcalde das Neves, agradeceu a implicación de ONE OAK e subliñou a importancia que ten para as veciñas e veciños impulsar este “proceso de rexeneración que é esencial para recuperar o noso patrimonio natural”.

Salir de la versión móvil