Chega a XIV Festa do Tinto Rías Baixas. Como novidade, a partir desta edición, a Festa vai estar máis ligada á gastronomía.

PROGRAMACIÓN PREVIA Á FESTA

Xoves 3 de outubro: Cata-maridaxe A catro mans

  • Cos chefs Fran Sotelino e Rui Ribeiro.
  • Ás 21:30 h no Restaurante Horta e Viño do Hotel Nande.
  • Seis viños acompañados de seis pratos.
  • Prezo: 25 €.
  • Prazas: 35 persoas.
  • Inscrición: 630 62 80 40.

 

Sábado 5 de outubro: Andaina do Tinto Rías Baixas.

  • Ás 16:30 h dende a Praza do Concello.
  • Ruta guiada de 2 horas de duración.
  • Percorrido por viñedos das Neves completado cun concerto no solpor e a degustación de pincho e viño da D.O. Rías Baixas no Hotel Nande. Autobús de volta ao punto de saída.
  • Prezo: 8 €.
  • Inscrición previa: [email protected]

 

Sábado 5 a venres 11 de outubro:  V Ruta dos pinchos do Tinto Rías Baixas

  • Pincho e viño por 2,50 €.
  • Participan: Hotel Nande, Restaurante Casa O Frenazo, Café-Bar O Chiringuito, Bar Praza e Mesón O Carballo.
  • Premio ao mellor pincho.
  • Sorteo de tres premios entre as persoas asistentes que completen o pasaporte de participación na ruta.

PROGRAMACIÓN DA FESTA

Sábado 12 de outubro

  • 10:30 h. Apertura da Festa
  • 13:00 h Pregón. Nieves Rodríguez
  •  14:00 h – 15:30 h. Música durante o xantar con VuDú.
  • 17:00 h. Espectáculo clown infantil MeRe-cidamente.
  • 20:00 h. Peche coa actuación musical de Uxía e banda
  • Toda a xornada: Haberá un espazo infantil permanente na contorna da carpa a cargo de Cóxegas.

NOTICIAS RELACIONADAS