Moaña, capital do mundo folk cun Intercéltico do Morrazo con cinco días de grandes concertos
O Festival Intercéltico do Morrazo presenta unha edición protagonizada por Xabier Díaz, Goitse ou Calum Stewart
Leer másDetailsO Festival Intercéltico do Morrazo chega este ano á súa XXXIX edición celebrado ininterrompidamente. Organizado polo Concello de Moaña, terá lugar do 26 ao 30 de xullo de 2023. Un festival onde o público poderá gozar dos concertos e das actividades paralelas sen restricións de acceso e de balde.
A XXXIX edición do FIM, contará coas bandas internacionais Goitse (Irlanda) e Calum Stewart (Escocia) e nun cartel de catro concertos completado polas formacións galegas Caamaño&Ameixeiras e Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre.
Paralelamente aos concertos do FIM, tamén se celebrará a segunda edición de A MOA, a Mostra de Artesanía e Cultura Tradicional, con cartel propio que contará con expositores, obradoiros, desfiles e actuacións musicais e de danzas tradicionais, organizada pola Asociación Moaña AntiQua e o Concello de Moaña.
Mostra de artesanía do 26 ao 30 de xullo no Paseo Marítimo de Moaña, contorno do palco da música.
OBRADOIROS
ACTUACIÓNS
Mércores 26 ás 20.45 h. FESTIVAL DE FOLCLORE E BAILE GALEGO con desfile e actuación das bandas e cantareiras moañesas:
• Arco da vella
• Meiramar-Axóuxeres
• Breogán
Xoves 27 ás 20.45 h. FESTIVAL DE FOLCLORE E BAILE GALEGO con desfile e actuación das bandas e cantareiras moañesas:
• Gaiteiros de Moaña
• Salgharitas
• Solaina
• Charaviscas
Domingo 30
12.30 h. Concerto de PATAGHULLOS
20.00 h. Concerto de ESTATALÁ en colaboración con DANZAS DO MUNDO MONTEIRA
O Festival Intercéltico do Morrazo presenta unha edición protagonizada por Xabier Díaz, Goitse ou Calum Stewart
Leer másDetails