A cultura galega amosa de novo o seu potencial no Culturgal

Publicidad

Culturgal é a feira na que Galicia amosa e presume da súa cultura. Ese espello para ver o potencial das nosas artes. Tamén da nosa gastronomía. O evento terá lugar en Pontevedra dende o 30 de novembro ao 2 de decembro. A finalidade é converter a cidade do Lérez nun punto de encontro co resto de Galicia, polo que a organización pon a disposición do público autobús máis entrada dende Lugo, Ourense, Ferrol, A Coruña e Santiago.

A cita anual da cultura feita en Galicia chega a súa décimo primeira edición para encher todo o recinto do Pazo de Cultura de Pontevedra de expositores e actividades, unha cita ideal para coñecer todo o que virá en libro, cine, teatro ou música e, de paso, adiantar as compras dos presentes navideños. Máis de 80 stands e máis de 120 actividades durante os 3 días de feira congregan anualmente a preto de 15.000 persoas en Pontevedra.

A Feira conta con varias áreas e escenarios nos que se desenvolve a programación: a Carpa para os directos de música, o Espazo Libro no que conversas, debates, sinaturas e presentacións danlle protagonismo á produción literaria, o Escenario Infantil dedicado ao público máis novo cunha ducia de espectáculos durante os tres días ou o Foro, un espazo heteroxéneo que o venres se centra en programación dirixida a profesionais de cultura. En 2018, por segundo ano consecutivo, o Espazo de Arte Contemporánea, que ocupará a Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra, suma preto de mil metros cadrados máis á superficie habitual da Feira, aos máis de 4.800 metros cadrados do recinto feiral pontevedrés.

Un dos grandes momentos do Culturgal serán os seus espectáculos de pago. Ademais de radio e televisión en directo, que terán lugar nos propios stands, a organización sinala que haberá moitas sorpresas e espectáculos especiais no Auditorio do Pazo. Carlos Núñez será o protagonista da noite do sábado 1 de decembro coa súa xira "A Irmandade dos Celtas", cuxas entradas xa están á venda na plataforma de Ticketea dende 15 euros. Na véspera, o venres 30 haberá unha "velada" de artes escénicas con Inversa Teatro e a obra "Sofía e as Postsocráticas" e para o domingo 2 de decembro hai dúas propostas seleccionadas para o público familiar, OVIRAVAI e Xoán Curiel. Así mesmo en 2018, Cultural estrea área gastronómica con mesmo horario de funcionamento que a Feira.

Javier Salas / Turismo de Vigo

Onde mercar as entradas para o Culturgal?

As localidades para a Feira teñen un coste e 3 euros para os adultos e 3 para o público infantil. A organización oferta dous packs familiares (2 adultos + 3 infantil por 10 euros e 2 adultos + 4 infantil por 11 euros) e unha entrada para grupos -cun mínimo de 10 persoas- no que a entrada tería un prezo de 2 euros por persoa. As entradas están dispoñibles na web oficial do Culturgal (premer aquí).

O Culturgal ofrece a posibilidade a aqueles lugares máis afastados de Pontevedra acudir sen problemas ao evento. A organización porá buses en cinco puntos de saída e retorno en cinco cidades galegas. En Ferrol, A Coruña, Santiago Lugo e Ourense haberá un pack de viaxe máis entrada á Feira. As saídas serán o sábado 1 de decembro ás 10:00 horas e regreso ao peche da xornada. As prazas son limitadas. Este pack, que é só para o sábado, telen un custe de 14 euros en Ferrol, A Coruña, Lugo e Ourense e de 12 euros para os que procedan de Santiago de Compostela.

Salir de la versión móvil