A Feira do Libro instálase no Porriño

Publicidad

A Feira do Libro do Porriño, na que participan as librarías Copi-Rey, Recondo, Pedreira, Paz e Lafer, arrancará este xoves, 10 de maio ás 17:00 horas con catro días dedicados ao mellor dos pasatempos, a lectura. A inauguración oficial terá lugar ás 19:10 co Grupo Tradicional da Escola Municipal de Música que dará paso ás 19:30 horas á lectura do "pregón "da man do profesor, escritor e dramaturgo lucense Lois Pérez quen, acto seguido, ofrecerá un recital presentando o seu último traballo, "Long Play".

O venres, día 11, ás 11:00 horas, Fátima Fernández visitará a feira acompañada dos alumnos e alumnas do CEIP de Atios. Ás 17:00 horas, Joaquín Acuña asinará ‘Los días cortados’ na caseta da libraría Paz e ás 19:00 horas celebrarase a presentación - concerto de As andanzas de Paio con ‘Oviravai’, de Galaxia.

O sábado, 12 de maio, a programación arrancará ás 12:30 horas coa narración oral para bebés "Comerá o bebé?" con Cris de Caldas e Xabi do Camiño; ás 17:00 horas, Ricardo Canosa asinará ‘La próxima crisis global’ na caseta da libraría Paz; ás 18:00 horas celebrarse a actividade infantil ‘Teatro na mochila’ con Anxo Moure; ás 19:00 horas terá lugar un obradoiro de creación de personaxes con Teo Palacios e, ás 20:00 horas, a programación do día finalizará cun recital de poesía con Cristina Valado e posterior sinaturas de libros.

O domingo 13, comezará con actos ás 12:30 horas coa actuación infantil ‘Cantares das Letras de Rosalía a Víctoria Moreno’, por Luís Vallecillo; ás 18:00 horas celebrarase a actividade infantil ’Libros da Titiriteira’; Ás 19:00 horas Ledicia Costas asinará ‘As peripecias de Extravaganzza Pérez’ e, por últomo, ás 20:00 horas a actividade "falando de libros con….." contará coa presenza de Clara do Roxo.

Cal será o horario?

A Feira do Libro do Porriño, situada na rúa Ramón González, arrancará o xoves de 17:00 a 21:00 horas, namentres que o venres, sábado e domingo o horario será de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas. Todos os libros terán un desconto do 10%.

Salir de la versión móvil