A obra de teatro que naceu dos nosos balcóns

Publicidad

Teatro do Ar presenta unha obra especial. Durante a última semana do confinamento comezou a recoller historias de distintas persoas. Agora, despois de seleccionar varias, o director do grupo, Pedro Rodríguez, comezará a escribir unha obra de teatro con “ideas de moitos balcóns”. Desta maneira “os sentimentos que nos invaden e as imaxes que aparecen na nosa imaxinación durante estes días poderán facerse un ben artístico de todos e de todas”, explica.

O obxectivo do grupo de teatro de Nigrán é presentar esta nova obra de teatro cando os escenarios volvan a abrir as súas cortinas. “Aínda non sabemos cando volveremos, pero esta mesma semana comezarei a traballar no guión para rematalo o antes posible”, explica o director do Teatro do Ar, que afirma que se o termina antes de que remate o confinamento poderá compartilo online para que as persoas que participaron dando ideas o poidan ler e distraerse do encerro que, a lo menos, durará ata o 26 de abril.

“Este guión vai a ser un reto”, explica Pedro Rodríguez. O grupo recibiu cerca de 20 ideas de varias persoas e moi distintas entre si. “Hainas por suposto dos malos e tamén bos momentos que vivimos durante este confinamento, pero tamén hai xente que pediu historias de vaqueiros, de narcotraficantes... En fin, hai de todo”, destaca. A escritura pode que sexa difícil, pero no grupo están felices de poder “dar voz a estes momentos con teatro”.

Salir de la versión móvil