A poesía envolve Ponteareas coa entrega de premios dos Xogos Florais

Publicidad

Día especial para a poesía en Ponteareas. A concellería de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística, que dirixe en funcións Hortensia Bautista, convida a toda a cidadanía a asistir á entrega de premios da cuarta edición dos Xogos Florais, un evento que terá lugar na sala multiusos do Auditorio Municipal este sábado 8 de xuño ás 20:00 horas.

Esta cita coa poesía contará cos recitais de poemas da poetisa e profesora de Ensino Secundario Marta Dacosta, o escritor e fotógrafo Vítor Vaqueiro e o escritor guardés Francisco Álvarez “Koki”. Os membros do xurado destes Xogos Florais son Delio Rodríguez, profesor de Secundaria; Manrique Fernández, xornalista; Susana Lamela, escritora e psicopedagoga; a poetisa Marta Dacosta e a concelleira de Cultura en funcións e educadora, Hortensia Bautista. Como secretaria do xurado estará a traballadora municipal do departamento de Cultura, Sofía Rodríguez.

Durante o acto, o pianista e alumno do Conservatorio Municipal de Ponteareas, Roberto Tato, interpretará dúas pezas musicais. A concelleira Hortensia Bautista agradece a todos os participantes a súa colaboración neste evento e anímaos a seguir gozando da arte de escribir.

Os premiados da pasada edición na categoría infantil “Os meus gatiños”, de María Cayetana Herrero Iglesias; “Carta de amor” de Valeria Estévez López; e “Ponteareas”, de Anxo Fernández Cambra. Na categoría xuvenil impuxéronse “Desgaste”, de Giovanna Carvalho Carneiro; “Princesas”, de Sara Seijo Vila; e “Aquela mente”, de Gala González García. Por último, na categoría adulto vencedor na anterior edición “Un home común”, de Fátima Domínguez Silva; “Queima” de Pilar Alonso Suárez; e “Vida estelar”, de Carla Leándrez Dosantos.

Salir de la versión móvil