A TVG recupera este martes a serie "Pratos combinados"

Publicidad

A TVG recupera un dos seus clásicos para levar mellos este tempos de confinamento. "Pratos combinados" volve ás súas pantallas a partir deste martes 31 de marzo. Os espectadores poderán volver ver as aventuras e desventuras da familia de Miro Pereira á fronte do Bar Suízo. Os máis nostálxicos saiban que a cita será todos os martes.

Emitida entre 1995 e 2006, Pratos combinados foi a primeira comedia de situación desenvolvida integramente por profesionais de Galicia e cun elenco composto na súa totalidade por actrices e actores galegos. Creada e dirixida por Xosé Cermeño, ao longo dos seus preto de 300 capítulos, pasaron pola serie actores tan recoñecidos como os finados Ernesto Chao, Xosé Manuel Olveira 'Pico'ou Fely Manzano, ou da categoría de Mabel Rivera, Antonio Durán 'Morris', Sergio Pazos, Cristina Castaño, María Castro, Josito Porto, Manuel Millán, María Bouzas ou Eva Fernández, entre outros.

Salir de la versión móvil