A XIX edición do Festival de Cans quenta motores coa apertura do prazo de inscripcións

Publicidad

A finais do pasado mes de decembro a organización do Festival de Cans anunciaba que a edición de 2022 se celebrará en primavera, concretamente entre o 18 e o 21 de maio, coincidindo co Festival de Cannes francés, como xa é tradición. A XIX edición do festival de curtametraxes do Porriño vén de abrir o prazo de inscrición para concursar no certame. Aquelas persoas que estean interesadas en enviar as súas pezas poderán facelo ata o domingo 6 de marzo de 2022 ás 23:59 horas.

A obras que se poderán inscribir na XIX edición do Festival de Cans serán curtametraxes, videoclips, webseries, documentais e filmes de ficción e animación, realizados entre os anos 2021 e 2022. As obras inscritas en prazo, pasarán primeiro o filtro do comité de selección das mesmas, e posteriormente as pezas finalistas serán xulgadas por cada un dos tres xurados específicos que terá o certame, ademais do xa clásico xurado das veciñas e veciños. Na selección primarán aquelas obras que sexas estreas e os traballos que non logren entrar na competición oficial serán valorados polo comité de selección para integrar algunhas das varias sección paralelas que terá o certame.

As sección coas que conta o Festival de Cans  este ano son: curtametraxe de ficción, curtametraxe de animación, curtametraxe de non ficción (sección Furacáns), novas camadas, videoclip e outras obras. Ademais, por primeira vez na súa historia, os premios superarán os 100.000 euros, destinados a recompensar as curtas premiadas nas diversas categorías do concurso. En total serán 10.100 euros, aumentando as dotación nas categorías Furacáns, obras de non ficción, e Novas Camadas, creadoras e creadores que teñan 25 euros ou menos e que naceran de 1997 en diante.

Desta maneira, as principais dotacións estarán destinadas á categoría de ficción, cuxo gañador recibirá 2.000 euros, e as de animación, Furacáns e premio do público dotadas cada unha delas con 1.500 euros. Ademais do correspondente Can de Pedra, e o emblemático trofeo de Cans deseñado polo artesán canteiro Paco Candán.

O pasado ano un total de 102 obras foron proxectadas nos diferentes espazos do festival, ó longo dos catro días de duración do mesmo. Segundo a organización as seccións Furacans e Novas Camadas foron as que máis medraron nas dúas últimas edicións e o festival quere, deste xeito, seguir potenciando estas categorías. Coa dotación deste ano o certame quere "facer un esforzo económico e manifestar o compromiso coas creadoras e creadores, do mesmo xeito que nas últimas edición de 2020 e 2021".

O Festival de Cans lembra que "todos os que accedan a participar deberán cumprir coas habituais condicións das bases". Ademais, tamén se terá que respectar unha cláusula pioneira nos festivais de cinema, a cláusula de violencia de xénero. "A organización resérvase o dereito de excluir da competición a curtametraxes cuxos responsables fosen condenados por calquera delito tipificado como violencia de xénero", explican dende o festival.

Salir de la versión móvil