A Xunta "cabrea" á cultura galega polo seu plan de reactivación do sector

Publicidad

Práctica unanimidade en boa parte do sector cultural galego para amosar a súa “decepción” ante o Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico da Xunta de Galicia. A APTEGA -Asociación de Produtores Técnicos de Espectáculos de Galicia- vén de emitir un comunicado no que expresa o malestar do sector e recolle as seis demandas consensuadas por boa parte da industria.

O sector lamenta especificamente a “falta de concreción do plan, a falta de protección a certos colectivos e a falta de transparencia”. Moitas das asociacións que engloban aos profesionais da cultura en Galicia aseguran que non se lles consultou nin solicitou información e coinciden en considerar a “falta de veracidade, pois consideran que a Xunta “mestura programas de accións ordinarias con medidas excepcionais”.

Amais, o sector teme que se aproveite a crise do coronavirus para “agrandar o Xacobeo 2021” sen consensuar. Precisamente dende a Xunta chegouse a anunciar que “o Xacobeo 2021 pode actuar como ferramenta de reactivación cultural e turística”.

Nestas demandas coinciden a Academia Galega de Teatro (AGT); Asociación de Escritoras, Escritores en Lingua Galega (AELG); Asociación Empresarial Festivais de Galicia; Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM); Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI); Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC); Asociación Galega de Salas de Musica ao Vivo (Clubtura); Asociación Galega de Videoxogos e Contidos Interactivos; Asociación de Produtores Técnicos de Espectáculos de Galicia (APTEGA); Asociación Profesional de Artistas de Galicia (A Colectiva); Culturgal; Coordinadora Galega de Festivais de Cinema. Proxecta; Escena Galega; Musicas Ao Vivo; Plataforma Afectadas polo Centro Coreografico Galego (PACCG) Unión de Cooperativas Galegas (Espazo Coop).

Salir de la versión móvil