Adeus a vinte anos de historia: pecha a libraría viguesa Andel

Publicidad

“Hoxe, 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna, anunciamos o peche do espazo libreiro de Andel. Na vindeira semana comezará a liquidación dos fondos bibliográficos e discográficos até o 30 de marzo”. Con estas 33 palabras anuncia o peche a icónica librería Andel.

Situada na actualidade na Avenida de Camelias, a librería deu os seus primeiros pasos na primavera de 1997 de xeito dixital. Daquela foi a primeira libraría virtual galega que dende 1998 ofrecería un catalogo virtual e constantemente actualizado do libro galego.

No seguinte ano, no Nadal de 1999 os seus responsables abrirían xa unha tenda física duns cen metros cadrados que acabaría por ampliarse cara un novo local en setembro de 2013 no que sería a súa derradeira tenda, na Avenida de Camelias 102.

Dende o seu nacemento, tivo como obxectivo potenciar e difundir a cultura e o idioma galego. O seu catálogo abranguía libros especializados na arte, na música, na historia, na literatura ou na lingüística...

Vigo perde así un espazo dinámico e emblemático especializado nas obras galegas e portuguesas que traballaba dende fai dúas décadas coa teima de “ofrecer especificamente no eido do libro galego e editado en Galicia uns servizos acordes coas demandas crecentes dos lectores”.

Salir de la versión móvil