As frases míticas que nos deixou Ernesto Chao como Miro Pereira en Pratos Combinados

Publicidad

A cultura de Galicia ergueuse hoxe orfa. Esta mañá coñecíase o pasamento de Ernesto Chao (1943), un dos actores cunha carreira máis dilatada e exitosa da nosa terra. Entre os seus últimos papeis, o de Fernández Albor para Fariña, a serie estrela desta tempada na televisión estatal. Porén, se por algo non esqueceremos a Ernesto Chao é por dar vida durante máis dunha década a Miro Pereira, o mítico dono do bar Suízo.

Chao foi un deses actores que deixa pegada. Director do Centro Dramático Galego entre 1986 e 1987, traballou no cine, televisión e teatro nunha ampla e multipremiada carreira con galardóns como o Chano Piñeiro do Audiovisual Galego polo seu papel de Ramón Sampedro ou o Premio de Honra Pedigree do VII Festival de Cans.



Con todo, Chao é o noso Miro Pereira. Entre 1995 e 2006, foi o protagonista dun dos maiores éxitos do audiovisual galego, Pratos Combinados. Emitida pola Televisión de Galicia, a serie converteuse rapidamente nun fenómeno social con audiencias por riba do 40% de share e superando a calquera oferta televisiva, fútbol incluído. A excéntrica serie, chea de retranca deixaranos para sempre con frases e momentos inesquecibles. A dupla de Ernesto Chao (Miro Pereira) e Antonio Durán “Morris” (Antón Santos) adquiriu tal éxito que moitos non son quen de discernir entre a personaxe e o actor.

A continuación, homenaxeamos a Chao con algúns das súas mellores frases en Pratos Combinados porque con todo o último que nos queda é o sorriso. Isto é un escándalo, Pereira!

Os problemas co léxico

Se por algo se caracterizaba Miro Pereira era polos seus continuos erros para definir os conceptos. Así, o que para moitos é un personaxe distinguido, para o rexente do Bar Suízo era un home extinguido.

En Galicia, a cerámica de Sargadelos forma parte do noso ADN. Porén, quen di Sargadelos di Santagrelos.

Os homes prehistóricos non tiñan moitas propiedades, nin ferramentas, pero o que si tiñan era tabernas ¿ou non era iso?

O Everest é a montaña máis alta do planeta cos seus 8.848 metros de altitude, pero quen dixo que non se pode escayolar?

Pereira era un personaxe que apuntaba cara un home que non se enteraba de moito, pero en realidade era dos máis espabilados do lugar. Ou polo menos, a picaresca e retranca formaban parte do seu ADN. Como sacarlle máis cartos ao café? Con mondas de patacas… e todo para “roubarlles aos ricos e repartir cos pobres”.

Un mundo de alcumes en Pratos Combinados

Se algo fixo Pratos Combinados durante os seus once anos de emisión na Televisión de Galicia foi ampliar extraordinariamente o noso vocabulario con alcumes e insultos que nunca antes pensaramos.

Piraña

Panarras e baldreu

Cangallo

Pelandrán

Barallocas

Pailaroco

Salir de la versión móvil