Chega o Play-Doc, o festival “sen prexuizos” que invita a gozar dun cinema “diferente”

Publicidad
Ángel Sánchez e Sara García, directores do Play Doc // Tamara de la Fuente

O Festival Internacional de Cinema Play-Doc arrancará este mércores a súa décimo quinta edición en Tui. O festival, que non perde o seu potente espírito crítico e intelectual, quere remarcar sen embargo o carácter “transversal, universal e aberto a calquera tipo de público”.

“Propoñemos unha nova experiencia sen prexuizos para ver propostas cinematográficas diferentes”, explica o seu codirector, Ángel Sánchez. Este evento “atípico e forma da norma” logra cada ano sentar a xente que non vai ao cine habitualmente sentada ao carón de cinéfilos que viaxan a cada festival do mundo. Todo, "sen esa endogamia intelectual da que adolecen certo tipo de festivais", asegura.

O Play-Doc celebrarase entre o 3 e o 7 e abril en Tui ofrecendo, como é habitual, cinema, fotografía e tamén música. As entradas para as proxeccións teñen un prezo de 3€.

O festival da “un salto cualitativo” ao estrear en España seis películas da sección oficial, á vez que continúa coa posta en valor do cinema máis próximo e o diálogo con outras disciplinas. O Teatro Municipal acollerá as retrospectivas do fotógrafo e director estadounidense Bruce Weber -que ademais presentará a estrea española do seu último traballo-, o artista Kidlat Tahimik -considerado o pai do cinema independente filipino- e o alemán Wolf Eckart Bühler -que achegará tamén outra primicia, o seu díptico sobre a estrela de Hollywood Sterling Hayden-.

Na sección oficial competitiva todas as películas son estreas en España e contan co denominador común da memoria. Tamén no Panorama Galicia os asistentes atoparán os traballos máis recentes da producción audiovisual galega con filmes de Arancha Brandon, Iria Sanjurjo, Antonio Díaz Huerta, Eloy Domínguez Serén, Alexandre Cancelo, David Varela, Antonio Grunfeld, Adrián Canoura e Diego Rmero Suárez-Chairo.

Como novidade, o Play Doc incorpora a sección North by Northwest con películas do norte e noroeste peninsular á vez que se incluye unha exposición fotográfica. Por último, no apartado musical este ano o Play Doc Live! ofrecerá o concerto dos canadienses Les Deuxluxes que presentarán o seu traballo Springtime Devil o sábado, 6 de abril, ás 23:45 horas (13€).

Horarios Play-Doc

Salir de la versión móvil