Galicia chora a morte de Ernesto Chao, o actor que nos fixo rir con Miro Pereira

Publicidad





A cultura galega está de loito. Morreu Ernesto Chao. O actor, nado en Ribadavia en 1943, é un dos grandes intérpretes galegos da historia. A pesares dunha longa traxectoria no cine e no teatro, a súa popularidade chega coa interpretación de Miro Pereira, protagonista da serie da TVG, "Pratos Combinados", durante máis dunha década (1995-2006).

Ernesto Chao, que recentemente facía o papel de Fernández Albor en Fariña (Bambú Producciones, Antena 3), comezou a súa carreira no teatro con 26 años. Foi director do Centro Dramático Galego e presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. A nivel nacional tamén participou de forma episódica en series da importancia de "Cuéntame cómo pasó" ou "Aquí no hay quien vida".


Pode interesarche: As frases míticas que nos deixou Ernesto Chao como Miro Pereira en Pratos Combinados


 

Salir de la versión móvil