O frikismo está moi vivo en Vigo. Tras o éxito da primera edición do Galician Freaky Film Festival, a Asociación Cultural Reencanto Produccións organiza a segunda edición dun evento que volverá celebrarse no na sala Videdromme no Mercado do Progreso, aínda que nesta ocasión a cita cinéfila máis especial de Galicia adiantase do 25 ao 27 de outubre para coincidir co Halloween.
Este xoves tivo lugar a presentación do cartel oficial da segunda edición do Galicia Freaky Film Festival. A peza, que é unha ilustración de Paulo Mosca e un deseño de María Llauger, ten a Vigo como principal protagonista e amosa, cunha clara inspiración a Godzilla, unha loita en plena ría de Vigo entre o Dinoseto e unha heroína castrexa que salva a cidade.
Juan de Castro, director do evento, destacou que na pasada edición acudiron máis de medio millar de persoas. Por iso neste novo certame, ademais de dar visibilidade a pezas audiovisuais galegas, tamén se poderá ver o cinema friki e de series B que se está a facer noutras partes do mundo. De feito, o Galician Freaky Film Festival recibiu máis dun cento de pezas audiovisuais non só de Galicia e España, senón tamén de países como Gran Bretaña, Suiza, Arxentina ou Irán.
Os días 25, 26 e 27 de outubro poderanse ver en Vigo máis de 30 obras e se garán diferentes actos paralelos entre os que destaca a mostra do artista de "horror art" Josef Méndez que, pouco despois do festival, voará ata Alemaña para estar no Weekend of Hell, o festival de horror máis quente de Europa, segundo apunta o propio eslogan do evento.
Por supuesto, o Galician Freaky Film Festival está a preparar outras accións que se sucederán entre o mes de setembro e outubro. Así, haberá charlas cos directores dos filmes, concertos, un espazo para o gaming con máquinas recreativas antigas e moito gamberrismo para que Vigo se converta na capital friki de Galicia e o certame se consolide como un evento de referencia en toda a comunidade.
Que é o Galician Freaky Film Festival?
O Galician Freaky Film Festival é un certame de cinema e cultura freak de orixe galega que terá lugar o 25, 26 e 27 de outubro e que naceu cun claro obxectivo: reivindicar o frikismo galego que comezou nos anos 90 coa movida viguesa de Siniestro Total e Os Resentidos e con filmes tan característicos como "A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos" e continuou co rock bravú de Heredeiros da Crus e se consolidou co Xabarín Club, grazas o cal toda unha nova xeración coñeceu ao anime.