Hydn, a nova artista galega que interpreta a Britney Spears en galenglish

Publicidad

O galenglish chega ao panorama musical galego da man de hydn, unha nova artista de música pop cuxas creacións mesturan o inglés co galego. Unha das súas grandes actuacións, por agora, é a adaptación do clásico "Toxic" de Britney Spears que, por primeira vez, foi versionado en lingua galega e inglés.

hydn é o alter ego de Sandra Guedev, unha artista multidisciplinar, productora audiovisual e ex compoñente do grupo coruñés Inland Valley, dende 2019 ata 2021. Como cantante caracterízase por facer un pop escuro en galego e inglés, converténdose así na precursora do galenglish e na primeira persona en empregar o galego e o inglés para expresarse musicalmente. O obxectivo de hydn coa súa proposta musical é "chegar á xente que non sabe nin da existencia do galego" e expresarse nos idiomas que sinte máis preto.

Introducíndonos nun completo mundo de fantasía e creando unha personaxe con historia propia, hydn crea o que define coma main character music. Unha música propia que ela mesma clasificaría nunha especie de dark pop electrónico con influenzas de dark RnB, entre outros. Ademais, a artista non dubida en xogar e experimentar con outros xéneros.

Nesta liña hydn acaba de lanzar o seu primeiro sinxelo chamado "Drowing Fire", unha canción hipnótica e escura con reminiscencias a artistas coma The Weeknd, Halsey ou Two Feet.

Salir de la versión móvil