O vindeiro 2 de outubro estrease en cines de Galicia "La isla de las mentiras", ópera prima de Paula Cons. A película poderase ver en salas de A Coruña, Lugo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Ferrol, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Ribeira, Carballo, Marín, Caldas de Reis, O Barco de Valdeorras, Leiro, A Estrada e Cee.
"La isla de las mentiras" está dirixida por Paula Cons e protagonizada por Nerea Barros, Dario Grandinetti, Aitor Luna, Victoria Teijeiro, Ana Oca e Milo Taboada. A película está inspirada en feitos reais, concretamente no afundimento do buque “Santa Isabel” fronte ás costas da illa de Sálvora (A Coruña) en 1921.
https://www.youtube.com/watch?v=K4gQoDIS5ww
"La isla de las mentiras" puidose ver recentemente no Festival de San Sebastián, Festival Internacional de Cine de Shanghái, Festival de Cans e o Festival Internacional de Cine de Ourense. Pode verse en Filmin dende o pasado 24 de xullo e en cines de Galicia a partires do 2 de outubro
Trátase dunha coprodución entre a produtora galega Agallas Films, a vasca Historias del Tío Luis, a arxentina Aleph Cine e a portuguesa Take 2000. Conta coa participación de TVG, RTVE e ETB, e co apoio de AGADIC, Governo Vasco, ICAA, INCAA arxentino, ICA portugués, Programa Ibermedia, Concello de Ribeira e Deputación da Coruña. Filmax ocúpase da súa distribución nacional e internacional.