NO DEPENDAS DEL ALGORITMO
“Ollos”, de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández, publicado na serie Animais Extraordinarios de Kalandraka, vén de ser incluído na selección The White Ravens 2017 pola Internationale Jugendbibliothek de Munich, que seleccionou 200 obras de 56 países para formar parte desta prestixiosa escolma dos mellores libros infantís e xuvenís.
Con este recoñecemento, o galego é unha das 38 linguas representadas en The White Ravens 2017 que, ao destacar “Ollos”, fai un recoñecemento a esta colección do selo Faktoría K: “Mentres moitos libros de non-ficción sobre animais do mundo se parecen uns aos outros porque organizan os seus contidos arredor de especies ou grupos, Animais Extraordinarios emprega unha estratexia diferente para explicar a abraiante diversidade e creatividade da natureza”, expón o comité de selección.
Asemade, os especialistas da Internationale Jugendbibliothek destacaron a claridade dos textos do profesor galego Xulio Gutiérrez, xunto coa precisión e co detallismo das ilustracións de Nicolás Fernández, madrileño afincado na Coruña.
Outros títulos premiados
Outra galega, Ledicia Costas, forma parte da lista deste ano co seu relato de “Verne y la vida secreta de las mujeres planta”, publicado por Anaya. O libro está tamén editado en lingua galega por Xerais baixo o título de “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”.
En total, foron seis títulos publicados en España os seleccionados na edición deste ano de The White Ravens 2017 .
"Verne y la vida secreta de las mujeres planta", de Ledicia Costas (Anaya)
"Cómo tener ideas", de Sofía Rhei
Así comeza esta tola e divertidísima historia de Sofía Rhei chea de sorpresas e personaxes inesperados aos que dá vida as enxeñosas ilustracións de Marc Gras Cots.
"Dorothy. Déjale entrar", de Javier Sáez< y Pablo Auladell
Un conto que, arraigado no imaxinario común e en referencias literarias, transfórmase nunha historia a un tempo surrealista e provista un realismo irresistible