“Luns”, a primeira novela de Eli Ríos, protagoniza o este Venres D_letras

Publicidad

O ciclo “Venres D_letras”, que cada segundo venres de mes se desenvolve no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas a partir das 20:30 horas, contará nesta ocasión coa presencia da poeta Eli Ríos, que presentará a súa primeira novela para adultos “Luns”, galardoada co Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega.


Pódeche interesar: Os cativos con diversidade funcional tamén cociñan, en verso e en galego [VÍDEO]


“Luns” presenta a historia de Nerea, unha muller que aparenta ter unha vida feliz, á que se lle diagnostica un cancro de mama en fase avanzada que lle provocará a morte en nos máis de dous meses. A partir de aí, a novela mergúllase no pensamento íntimo da protagonista para que o lector conviva con ela durante dous días, contemplando o remuíño de sensacións e de pensamentos que envolven a Nerea. O relato tamén é unha visión da sociedade contemporánea no que coloca sobre a mesa algúns dos elementos máis nocivos para a convicencia coa intención de facer reaccionar ao lector.

Durante a presentación, Eli Ríos estará acompañada pola tamén escritora Isabel Blanco en calidade de voceira da Asociación Pilar Domingo, de Ponteareas, de axuda a persoas afectadas polo cancro de mama. Tamén está prevista a proxección dun vídeo realizado por esta Asociación co gallo da presentación do seu calendario solidario.

MÁS OCIO EN VIGO Y SU ÁREA
Ir a la agenda completa >>> [stachethemes_ec view=agenda show_top=0 agenda_cal_display=0]
Salir de la versión móvil