Multicines Norte mestura a beleza da montaña e o cine no Mendi Tour Vigo 2019

Publicidad

Os amantes da montaña teñen unha cita ineludible estes días en Multicines Norte. A sala de cine viguesa acolle por segundo ano o Mendi Tour, a mostra de cine de montaña e aventura que organiza Montañeiros Celtas, neste 2019 en colaboración con Alud e Multicines Norte.

O ciclo de cine terá lugar dende este martes 9 ata o vindeiro 12 de abril. A cita, que ten como obxectivo converterse nun clásico, amplía a súa oferta nesta segunda edición, pasando de dous a catro xornadas, incluíndo unha sesión adicada ao público máis novo. Os Multicines Norte, no corazón da cidade, será o lugar onde a comunidade de alpinismo e o cinéfilo fusionaranse para gozar das películas máis actuais de cine de montaña e aventura. Un punto de encontro ideal para inspirar, soñar con novos proxectos e abrir novas perspectivas cos mellores filmes da última edición do Bilbao Mendi Film Festival.

A programación desta segunda edición do Mendi Tour Vigo permitirá gozar das proxeccións de Viacruxis, The Dawn Wall, Notes From The Wall, This Mountain Life, Walmapu, Liv Along The Way, The Weight of Water, The Search For The Wooo, Everest Green e Age of Ondra. Haberá sesións todos os días ás 20:10 horas mentres que a sesión xuvenil será este xoves ás 18:30 horas.

Salir de la versión móvil