A galega Susana Seivane vén de presentar un disco en tempos de pandemia. O seu novo traballo, “Dende o meu balcón”, achégase como una volta á orixe que xurde a partires dun proceso produto da iniciativa de interpretar cada noite do confinamento temas dende o balcón da súa casa de Cambre.
En pleno estado de alarma, a gaiteira galega propúxose aportar unha dose de cultura diaria para soporta o confinamento obrigatorio decretado polo estoupido da pandemia cunha iniciativa que “enganchou” a milleiros de persoas. Cada noite, Seivane converteu o seu Facebook nun espectáculo cultural con temas que celebraban a conta atrás para finalizar o pesadelo no que entraramos. Agora, produto desa experiencia nace o seu sexto disco no que Seivane busca retornar ao substrato ancestral sobre o que construíu a súa carreira.
Inconscientemente, a procura dos acervos serviu de catalizador da resistencia durante o confinamento e, precisamente o descubrimento desta condición, foi o que levou a Susana a compilar os temas interpretados neste novo traballo discográfico.
O repertorio de Ricardo Portela, Herme, Moxenas, Muxicas, Os Morenos de Lavadores, Os Campaneiros, Marcos Castro, Pepe Romero, ou Suso Vaamonde, entre outros, forman parte dos 55 temas agrupados en 20 suites para os que Seivane sumou a complexidade de empregar até oito gaitas en diferentes tonalidades.