O BNG de Vigo leva ao pleno unha batería de medidas para impulsar o sector cultural

Publicidad

Una batería de medidas para que Vigo sexa un tractor cultural. Esa será a moción que o BNG vigués presentará este mércores no pleno municipal deste mércores. A crise do coronavirus afecta a tódolos ámbitos, pero ten un efecto especialmente nocivo co sector da cultural. Porén, o voceiro da fronte nacionalista na urbe galega, Xabier Pérez Igrexas, explicou esta iniciativa que contén propostas innovadoras como a creación dunha plataforma dixital que permita realizar una programación cultural remunerada e de calidade ou habilitar dentro da rede museística unha sala expositiva virtual.

A emerxencia sanitaria do COVID19 obriga a reinventarse. A tomar decisións revolucionarias. Inéditas. En ese plan está o BNG de Vigo. O concelleiro Pérez Igrexas sinalou na rolda de prensa por videoconferencia que insta ao Concello a crear unha Mesa Cultural da Cidade, un espazo de diálogo e participación dos colectivos e a industria culturais de cara ao redeseño da política cultural municipal, en tanto que non se cree un Consello Municipal de Cultura.

A nivel municipal tamén demandan o deseño dun Programa Extraordinario de Apoio á Actividade Cultural, que inclúa entre as súas medidas a reprogramación das actuacións e eventos xa contratados (para evitar a súa cancelación), e priorizar o tecido cultural e a promoción da lingua galega na contratación. Tamén demandan que se habilite unha plataforma dixital que permita albergar unha programación cultural municipal coa participación remunerada das compañías, grupos e agrupacións locais das diferentes disciplinas artísticas así como para a difusión da creación audiovisual, e tamén que a Rede Museística da Cidade poña en Rede unha “Sala Expositiva Virtual”.

A fronte nacionalista amósase partidaria tamén de que se adecúen os servizos bibliotecarios á nova situación, facendo que a Biblioteca Neira Vilas despregue un servizo de empréstamo a domicilio coas suficientes garantías preventivas.

A creación dunha plataforma para a comercialización en liña de artesanía, obras de arte e libros, poñéndoa ao servizo das creadoras e creadores locais e das librarías da cidade, e habilitar unha liña extraordinaria de axudas municipais en apoio das entidades culturais e a industria cultural, completan as propostas de ámbito municipal.

A nivel galego, a moción do BNG de Vigo insta á Xunta a impulsar políticas específicas en apoio dos sectores culturais, como liñas de axudas directas e créditos, a reprogramación evitando as cancelacións de contratos xa subscritos, a redefinición do Xacobeo 2021, a creación dun bono cultural para estimular o consumo e elaborar unha programación cultural máis ambiciosa na CRTVG. Por derradeiro, reclaman que o Goberno español reduza o IVE cultural do 10% ao 4% e dos cachés do 21% ao 10%.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, sinalou que estas propostas complementan as xa formuladas polas nacionalistas demandando un Plan de Protección Social e unha Estratexia de Promoción Económica e o Emprego a nivel local. “Entendemos necesario que as administracións públicas, e tamén de maneira concreta o Concello de Vigo, actúen para apuntalar a actividade cultural da nosa cidade nun momento no que o seu tecido asociativo e profesional enfrontan riscos que poden ser letais”, explicou.

Igrexas alerta de que tanto as entidades e asociacións implicadas na acción cultural como a súa industria, na que son predominantes microPemes e autónomas, enfrontarán “a loita pola súa propia subsistencia” unha vez superada a emerxencia sanitaria, toda vez as restricións para a actividade pública poden ser letais para este sector.

“Julio Cortázar definiu cultura como ‘o exercicio profundo da identidade". A cultura defínenos a nivel civilizatorio, social e individual. Sen cultura non hai cidadanía e, xa que logo, tampouco pode haber cidade. A cultura non é un elemento accesorio, trátase dun ben de primeira necesidade e un dereito social. Prescindir dela é un luxo que non nos podemos permitir” enfatizou o portavoz municipal nacionalista.

Salir de la versión móvil