O BNG denuncia o "abandono" do Centro de Arte Fotográfica de Vigo despois de 3 anos e medio fechado

Publicidad

O BNG de Vigo realizou esta mañá a un acto simbólico de protesta diante do Centro de Arte Fotográfico de Vigo (Cafvi) para denunciar o seu abandono após levar máis de 3 anos e medio fechado e sen actividade. Durante a acción despregaron unha faixa na fachada do emblemático edificio da rúa Chao que alberga o Cafvi sob o lema “Queremos cultura, non museos baleiros”. A fronte nacionalista quixo denunciar tamén o estado lamentable no que se atopa boa parte da rede museística da cidade que “é un exemplo clamoroso da política de desertización cultural a que estamos sometidos por parte do goberno local”. “Temos unha rede de contedores baleiros de contidos, con horarios de apertura minúsculos e mesmo sen dirección como é o caso do Museo de Arte Contemporáneo ou do Verbum” apuntou o candidato á alcaldía do Bloque, Xabier Pérez Igrexas.

Igrexas lembrou que o Cafvi foi inaugurado o 7 de maio 2015 e fechado apenas tres meses despois logo de albergar unha pequena exposición cunha escolma fotográfica dos fondos do Arquivo Pacheco. Desta maneira, unha dotación que supuxo un investimento de arredor de 2 millóns de euros leva máis de 3 anos e medio sen ningunha actividade e coas portas fechadas, nun palpábel estado de degradación con pintadas no seu exterior. Diante do “total desleixo municipal” Pérez Igrexas reivindicou que “unha das mellores maneiras de humanizar a cidade é democratizar o acceso á cultura que pasa por unha política na que prime o contido sobre o contedor e facilite o acceso do pobo a todas as manifestacións artísticas”, expón o candidato do Bloque.

A fronte nacionalista chamou a valorizar e impulsar “a enorme forza creativa que ten a cidade, tanto do seu patrimonio fotográfico que representa unha memoria visual do que fomos, como co talento de novos creadores e creadoras na arte fotográfica”, para que demandan a apertura e dinamización do Cafvi.

Maioría absoluta "inútil"

O candidato nacionalista recordou que “o estado da Rede museística é un claro exemplo do mal que lle sentou á nosa cidade a maioría absoluta do PSOE en Vigo. Unha maioría tan absoluta como inútil, sen xestión nin proxecto”.

Salir de la versión móvil