O documental “Os mundos de Xosé Luís Méndez Ferrín” estrease en Vigo

Publicidad

Xornalista, poeta, escritor, político… son múltiples as facianas na vida de Xosé Luis Méndez Ferrín unha das figuras máis importantes da Galicia contemporánea. Para repasar a súa traxectoria, o Ateneo Atlántico organizou un ciclo de conferencias ao redor da súa figura. Preparando aquel ciclo naceu o documental que agora se presenta nos Multicines Norte de Vigo.

Realizado ao longo do verán do 2018, recolle os testemuños de 17 representantes do mundo cultural galego sobre as súas relacións con Xosé Luís Méndez Ferrín, unha das figuras máis importantes na cultura galega do século XX. Os entrevistados analizan ao longo de86 minutos a produción xornalística e literaria ferriniana, relatan as pegadas vitais, políticas e intelectuais deixadas pola súa influencia persoal e testemuñan a intervención do literato ourensán como animador cultural e fundador de diversas iniciativas políticas e editoriais.

Entre os participantes atópase Xosé Manuel Beiras, Silvia Penas, Antonio Durrán Morris ou Xosé María Álvarez Cáccamo, entre outros. A estrea terá lugar este xoves, 20 de xuño, ás 19:45 nos Multicines Norte e contará coa presenza do director da longametraxe, Manuel Focadela. A entrada será libre até completar o aforo de 100 persoas.

Salir de la versión móvil