O Festival de Cans fará un "tour" por salas de cine de toda Galicia

Desfile de chimpíns con Wyoming como protagonista // ALBERTO PÉREZ BARAHONA

Publicidad

O Festival de Cans porá en marcha este ano unha fórmula innovadora entre os festivais españois, ao realizar propor por primeira vez un formato expandido e difundir as curtas a concurso por dúas vías diferentes unha vez rematado o certame: a través da distribución en salas de cine e cunha versión de pago en liña para ver os filmes na propia web do certame.

A reducción de aforo e as restriccións dos jalpóns de proxeción levaron ao Festival a buscar esta fórmula novidosa para que todas as curtametraxes a competición nas categorías de ficción e animación poidan ter vías alternativas de visibilidade máis alá da presenza física no certame. Esta innovadora proposta permitirá que todas as obras a concurso poidan verse en nove salas de cine de toda Galicia, a través de convenios con FECIGA (Federación de Cineclubes de Galicia) e co CGAI (Centro Galego das Artes da Imaxe). Grazas a estes acordos, a oferta do certame ata chegar ás 1.050 butacas repartidas entre as catro provincias galegas.

En cada unha das sesións exhibiranse as 13 curtas que forman parte da sección oficial de ficción e animación do Festival de Cans. Cada unha das proxeccións terá un prezo de 4 euros, e a suma total da taquilla destinarase ao Premio FECIGA, que irá parar á curtametraxe elixida por un xurado formado por membros dos cineclubes de Galicia.

Entre o 9 e o 13 de setembro, poderá verse a competición oficial de Cans nas catro provincias galegas. En Ourense, poderán verse as películas a concurso en Cans no cineclube do Carballiño, no Cineclube Padre Feijóo de Ourense e no Groucho Marx do Barco de Valdeorras. Na provincia de Lugo no Cineclube Os Papeiros de Chantada, e na de Pontevedra nos cineclubes de Cangas, Adega de Vilagarcía, Val Miñor AG de Nigrán e Lumière de Vigo. Na provincia da Coruña poderán verse no Centro Galego das Artes da Imaxe, na Coruña.

Distribución online e autocine

Dúas semanas despois, as curtas poderán verse, previo pago, na web do Festival de Cans, baixo soporte técnico de Vimeo. Será só durante catro días, do 17 ao 20 de setembro. Con esta aposta pola exhibición online, o certame trata de dinamizar a difusión dos filmes e de facilitarlles o visionado ás persoas que, por motivos relacionados coas limitacións actuais, non poderán estar en Cans durante o Festival. Os prezos do visionado online, oscilarán entre os 2 euros por bloques de curtas e os 5 euros por bloques completos de competición.

O plan de difusión externa das películas a concurso no Festival complétase cun autocine. As curtas premiadas nesta décimosétima edición do certame exhibiranse o sábado 12 de setembro na explanada do Velódromo municipal do Porriño. A Concellaría de Cultura do Concello do Porriño promove a instalación deste autocine.

Últimos días de vendas de entradas en Cans

Ata o luns, 31 está aberto o prazo para mercar as últimas entradas para as seccións a concurso, das que restan tan só 40 entradas para a sesión matinal e 30 entradas para a sesión de tarde.

Mañá venres 28 de agosto, a partir das 20:30 horas, a organización do festival venderá entradas no Torreiro de Cans e rexistrará de balde a todas as veciñas e veciños que queiran asistir a coloquios, encontros e actuacións musicais, ao Día dos Veciños e á Noite das homenaxes no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.

Estas entradas serán nominais ante a necesidade de ter un rexistro de todas as persoas que accedan a algunha actividade no Festival.

Salir de la versión móvil