O Festival de Cans pon á venda as únicas 400 entradas que permitirán acceder ao recinto

Publicidad

O Festival de Cans, cuxa XVII edición ten previsto celebrarse entre o 2 e o 5 de setembro, pon á venda as entradas para esta edición, que contará cun moi reducido aforo e prescindirá das actuacións nocturnas no Torreiro.

A zona central na zona do Parque do Río concentrará os coloquios con directores e directoras e pequenas actuacións musicais. Todas as actividades finalizarán antes da medianoite, cando se desaloxará o recinto. Para poder acceder, existe a posibilidade de adquirir entradas matinais -con dereito ó coloquio con Oliver Laxe- ou de tarde -con acceso á actuación de Hendrick Rover y los Míticos GTS-. Os prezos dos packs son de 21,50 e 26,50 euros, respectivamente. Están xa á venda na web oficial.

Amais, a asamblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra do certamen o Premio Pedigree, á directora Manane Rodríguez. Será a primeira vez que un festival de cine en Galicia recoñeza a longa traxectoria desta realizadora que naceu en en Uruguay e reside en Galicia desde hai varias décadas.

Na XVII edición do Festival de Cans concederanse tamén os chimpíns de prata, a distinción que o certame otorga ás persoas que destacan por promover a visilibidade do festival e pola súa colaboración co evento. Nesta edición os Chimpíns de Prata Pepe Puime irán para a actriz e profesora Mariana Fernández e para a coordinadora médica do Festival de Cans Merchi Sánchez. A relación de distincións completarase co Chimpín de Prata Divina Campos, para os arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco.

Este ano, ademais, a súa achega e a do equipo médico será especialmente importante. A XVII edición de Cans a de menos aforo, máis distancia social, e a da vixianza sanitaria extrema. Será así tanto polo público do Festival coma, e moi especialmente, por protexer ás persoas da aldea.

A relación de homenaxeados complétaa o equipo de arquitectos composto por Juan Creus e Covadonga Carrasco. Arela salienta que “avalados por relevantes premios como o Premio Galego de Arquitectura ou o Premio Juana de Vega, Creus e Carrasco coñeceron un día o Festival de Cans e convertéronse en dúas das personas máis relevantes á hora de analizar os espazos do festival en relación co territorio e o entorno da nosa aldea”. Creus e Carrasco son coordinadores da idea “Cans Proxecta”, que cada ano ten feito diversas intervencións na aldea, que van dos espazos de descanso, da posta en valor do río ou á reflexión sobre a masificación dos festivais. E foron comisarios da mostra “Ducia de Cans”, que se celebrou na Universidade da Coruña na duodécima edición do festival. Este ano foron convidados á Bienal de Venecia polo seu traballo en Cans.

Salir de la versión móvil