O grupo vigués Kings of the Beach estrea o videoclip de "Friends"

Publicidad

Hai aproximadamente un ano que ia saír o videoclip do seu segundo sinxelo “Friends”, pero dende a desvinculación do seu selo, o lanzamento tívose que aprazarse ata hoxe.

O venres 27 de xuño sae un vídeo cheo de aventuras e desventuras de Kings Of The Beach. Ao mesmo tempo que as imaxes dos seus amigos máis próximos se colan, a curtametraxe atravesa unha transición na que fan ironía da situación de confinamento. Non poder quedar cos máis próximos, ese ansia de querer ver aos teus queridos… Pero nada pode parar a estes tres rapaces e acaban facendo o que mellor saben; demostrando que a música, os directos e a súa enerxía á hora de tocar, son imparables ante calquera crise mundial.

O sinxelo foi gravado, misturado e masterizado por Fran Meneses en Metropol Studios (Madrid, 2019). A portada foi obra de Tábata Pardo. O videoclip foi dirixido por Kings Of The Beach e producido por Vazva.

Salir de la versión móvil