A última novela do escritor Juan Parcero, “O vento na cara” será presentada este venres na casa do concello de Moaña. A cita, que arrancará ás 20:00 horas, contará coa presenza do autor que falará desta obra que pecha a súa “triloxía do esquecemento” e que, a pesares de estar ambientada nun escenario ficticio, bebe do universo moañés.
A novela de acción psicolóxica, con prólogo do actor e tamén moañés Fran Paredes, introdúcenos nos demos aos que nos enfrontamos no noso día a día, neste caso, facendo especial fincapé no “medo á vida”.
Da man de “O vento na cara”, editado por Toxosoutos, visitaremos Aferróns, un pobo galego no que Cándido da Vila irá descubrindo aos poucos, pescudando na xente e investigando nas caras ese medo que o fica no seu interior.
Na presentación estará o autor acompañado de Fran Paredes e Patricia Torrado.
Pódeche interesar: Dez libros en galego para espertar a imaxinación dos cativos no Día Internacional do Libro Infantil