"O que arde" e a "A illa das mentiras" marcan a segunda xornada do Festival de Cans

Publicidad

Ás sete da tarde de mañá xoves, os chimpíns comezarán a moverse en Cans. Será xusto antes da proxección de A illa das mentiras, a longametraxe galega da directora compostelana Paula Cons cuxa proxección será o evento de inauguración oficial da nova edición do Festival de Cans -19:30 horas, no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño-. Os chimpíns farán esta primeira procesión só de xeito honorífico para o equipo do filme e con catro personas en cada un dos vehículos.

A illa das mentiras, o debú como directora de ficción de Paula Cons, estivo presente no Festival de Shangai, e acaba de coñecerse este semana que tamén estará presente na sección Made in Spain, do Festival de San Sebastián. A longametraxe conta a historia de tres mulleres que axudaron ás vítimas do naufraxio do vapor Santa Isabel fronte á illa de Sálvora en 1921. As tres protagonistas do filme, Nerea Barros, Victoria Teijeiro e Ana Oca, acompañarán hoxe á directora Paula Cons e manterán un encontro co público, así como parte do elenco do filme.

Antes do evento inaugural, terá lugar ás 17:00 horas de mañá xoves, tamén no Círculo Recreativo Cultural, a proxeción de Arima de Jaione Camborda, que presentará o filme e manterá un encontro co público, xunto coa actriz Melania Cruz, protagonista do filme. Arima conta a historia de catro mulleres e dunha nena que ven as súas vidas alteradas pola chegada inesperada de dous forasteiros, sempre coa personal mirada da autora do filme, a vasca afincada en Galicia Jaione Camborda.

Dase a circunstancia, de que esta semana coñeceuse que estes dous filmes que abrirán o Festival de Cans, formarán parte tamén da sección “Made in Spain” do Festival de San Sebastián, o cal disparou as peticións de entradas, pero todo o aforo xa está cubierto desde hai varios días.

Coloquios AISGE con Benedicta Sánchez e Amador Arias

Este xoves tamén participarán no Festival os protagonistas do laureado filme de Óliver Laxe O que arde. Benedicta Sánchez e Amador Arias conversarán en Cans sobre a experiencia vital, e artística, que supuxo para eles participar na película. A interpretación de ambos no filme de Oliver Laxe, levounos a obtención de importantes premios nacionais e internacionai. Estarán nos Encontros AISGE –ás 12:30 horas, no Baixo de Carlos, con todas as entradas reservadas xa na preinscripción previa-.

Este coloquio, como todos os demais do Festival de Cans 2020, poderá seguirse por streaming dende a canle de Youtube do certame. Con esta aposta pola transmisión en directo, a organización do Festival achega este contidos de interese nunha edición marcada pola obriga da redución de aforo.

Os Encontros AISGE serán a segunda das citas dunha xornada que comeza coa Mesa Proxecta sobre a interrelación entre festivais e territorio. Participarán nesta mesa redonda Luis Sousa Ferreira, programador de Ílhavo (Portugal) e fundador do Festival Bons Soms, un dos grandes eventos de Portugal e a belga June Laka, que dirixe o Festival CineBus. Os dous estarán en Cans grazas ó apoio das axudas de Acción Cultural Española, ACE, e acompañados por Ángel Sánchez, director do Festival Play-Doc de Tui e Presidente de Proxecta, Coordinadora Galega de Festivais de Cinema. Será ás 10:30 horas no Baixo de Moncho.

LendoCine

A sección do Festival de Cans Lendocine achega este ano as voces do profesor da USC e presidente da Fundación Neira Vilas Fernando Redondo Neira, a produtora e realizadora Manane Rodríguez co director Xabier Bermúdez, a escritora Iria Misa, o poeta, músico e director de cine Antón Reixa e o humorista e actor Farruco Bernal. Lendocine preséntalle ao público do certame libros recentemente publicados nos que o cine é protagonista ou escenario, ofrecendo así unha panorámica do que se está a editar dentro e fóra de Galicia. Os convidados presentarán os seus libros. E disertarán sobre os puntos de encontro entre cine e escritura.

Noite Lasal dos Clips e Babykatze

A segunda xornada do Festival de Cans 2020 remata coa proxección dos videoclips a competición no certame. Chega a Noite Lasal dos Clips -21:30 horas, na trasiera do Centro Cultural do Porriño-. Preséntanse un total de 15 traballos. Logo do concurso de clips, a artista viguesa Babykatze estreará no Festival o seu vídeo Pantera, do realizador Jairo Moreno. E entón Babykatze ofrecerá un concerto no que vencellará imaxe e música para crear un personaxe etéreo e sorprendente, cunha mensaxe de carácter universal.

Salir de la versión móvil