O voto popular permite seguir soñando con Tanxugueiras en Eurovisión: pasan á final

Publicidad

Os galegos poden seguir soñando con "Terra" en Eurovisión. As Tanxugueiras está cada vez máis cerca de Turín e de facer historia cunha canción en galego no festival europeo. Este mércores as cantareiras galegas superaron a primeira semifinal e convertéronse en finalistas do Benidorm Fest que busca escoller a representante española para Eurovisión.

Con 93 puntos, Tanxugueiras convertéronse nas segundas artistas con máis votos da primeira semifinal do Benidorm Fest. Aínda que non foron as máis votadas por parte do xurado profesional, que preferiu a Varry Brava, Azúcar Moreno, Blanca Paloma e Chanel, as Tanxugueiras si foron as segundas máis votadas por parte do panel demoscópico de 350 persoas que busca representar á poboación española, namentres que foron as favoritas no televoto.

A preferencia do público que asistiu en directo ao festival tamén foi evidente. Tanxugueiras foron as máis aplaudidas na súa actuación, namentres que unha vez o xurado profesional amosou a súa votación, na que consideraban que non debían pasar á final, escoitáronse gritos de "tongo" e asubíos. Porén, antes das votacións as cantareiras galegas xa contaron cun apoio inesperado. O músico portugués Salvador Sobral, gañador de Eurovisión 2017, expresou o seu apoio "ás galegas" tras finalizar a súa actuación como artista invitado.

A próxima gran cita das Tanxugueiras será o próximo sábado 29 de xaneiro ás 22:00 horas, gala final do Benidorm Fest na que se coñecerá o representante definitivo de España en Eurovisión 2022. A falta de coñecer os catro seleccionados da segunda semifinal, as cantareiras compartirán escenario con Blanca Paloma, Varry Brava e Chanel, os outros tres artistas que conseguiron pasar á final.

Distribución dos votos

Voto do xurado

Voto demoscópico

Voto del público a través de mensaxes e chamadas

Vídeo da actuación

O trío de pandeireteiras deixou a súa pegada na primeira semifinal do Benidorm Fest. Olaia, Aida e Sabela amosaron todo o seu potencial. O seu gran momento chegou ás 23:15 horas, o público do evento que permitirá coñecer ao representante de España en Eurovisión rendíase ante as galegas. Comezaba esa música épica, era o momento de coñecer a tan esperada posta en escena dunhas Tanxugueiras que apostaron polo folclore galego e o baile tradicional para dar ese penúltimo paso cara Turín. O final, por todo o alto. Cun público entregado e cunhas artistas que non só cumpren o seu obxectivo de levar a cultura galego polo mundo. Aida, Sabela e Olaia teñen tamén unha poderosa mensaxe. Primeiro para España. “Non hai fronteiras”, un himno á diversidade que xa conquistou o Estado e agora quere facer o propio con Europa.

 

"Mulleres fortes, bravas e empoderadas, cantareiras dunha nova década", así se definen Aida Tarrío (Teo) e as xemelgas Olaia e Sabela Maneiro (Ribeira), as pandeireteiras galegas máis mediáticas da actualidade. Cunha potente personalidade tanto fóra como dentro do escenario, Tanxugueiras preséntanse como grandes defensoras e impulsoras da cultura e da lingua galega e como "un grupo que naceu feminista e que morirá sendo feminista”.

O trío musical comezou a súa carreira artística no ano 2018 e a día de hoxe conseguiron converterse nas "máximas representantes dunha xeración aberta á evolución e a  reformulación das músicas de creación colectiva galega". O primeiro álbum das galegas publicouse en 2018 e chámase "Tanxugueiras". Ao ano seguinte con "Contrapunto", as cantareiras revolucionaron o panorama musical galego con reinterpretacións de coplas tradicionais. En 2021 saíron á luz os primeros singles do seu terceiro álbum, "Midas" e "Figa", o tema que catapultou ás Tanxugueiras ao marco internacional. Con "Figa" lograron namorar aos eurofans, que as fixeron gañadoras e favoritas da enquisa anual de Eurovision-Spain.

A finais de 2021 as Tanxugueiras decidiron postularse a Eurovisión con "Terra", que rapidamente deu a volta ao mundo e converteuse na favorita para gañar o Benidorm Fest e representar a España en Eurovisión 2022. O último traballo das pandeireteiras é "Averno", xunto a Rayden, outro dos artistas que loitan por chegar a Turín. A través da súa conta de Twitter, Tanxugueiras publicaron un adianto do videoclip desta canción que se publicará o próximo venres 28 de xaneiro.

 

Salir de la versión móvil