Os vigueses Cuarteto Caramuxo entran na lista de novidades máis prestixiosa do mundo

Cuarteto Caramuxo // Mariña Prieto

Publicidad

Cuarteto Caramuxo acaba de entrar directamente ao posto 17 da World Music Charts Europe, a lista de novidades do estilo máis prestixiosa do mundo. O novo traballo do grupo vigués, “Reviravoltas”, foi escollido entre centos de propostas por un xurado conformado polos Djs dos principais programas do xénero de todo o planeta.

O sexteto, conformado por catro clarinetistas, un acordeonista e unha percusionista que reinterpreta música popular galega, tamén acadou o terceiro posto na lista do recoñecido Global Village. Un programa capitaneado por Chris Heim, un veterano locutor que emite para todos os Estados Unidos como líder indiscutible de audiencia.

O pasado mes de febreiro o Cuarteto Caramuxo publicou “Reviravoltas”, o terceiro traballo discográfico do grupo. Neste novo álbum, a banda segue apostando firmemente pola riqueza do legado de Casto Sampedro e a súa encomiable labor de recuperación da tradición oral como base para construír a súa contemporánea e emocionante interpretación da tradición.

Gravado en xullo de 2021, nos estudos de Planta Sónica de Vigo, o repertorio de “Reviravoltas” experimenta con disciplinas e estilos diversos e promete colaboración de alta intensidade. Sempre coa impronta que lles caracteriza, arriscando e reivindicando o papel crucial do clarinete no acervo cultural galego, esquecido en tantas ocasións. Cun total de nove cortes e algunha que outra sorpresa, “Reviravoltas” soa intrépido, atrevido e á vez harmonioso, con bravura e o poder das raíces galegas como protagonista absoluto.

Salir de la versión móvil