Sete eventos en Vigo para homenaxear ás mulleres escritoras

Publicidad

Vigo súmase ao Día das Escritoras que promove a Biblioteca Nacional de España. No caso da urbe galega, a Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas capitalizará as accións para conmemorar e pór en valor a dificultade que moitas mulleres tiveron para facer realidade o soño de ser escritoras. Nunca foi un camiño doado. Foi unha senda chea de adversidade. Antes e inclusive agora. Un dos exemplos máis actuais é o de J. K. Rowling. A creadora de Harry Potter decidíu engadir a letra “K” na súa firma pola recomendación dunha editorial que pensaba que os lectores non lerían as obras dunha muller. E, posiblemente, o caso que exemplifica ese prexuízo que existe coas autoras.

O machismo vai perdendo. O fai con eventos como o que terán lugar ao longo de outubro na biblioteca municipal situada na Avenida Martínez Garrido. O vindeiro luns 24 de outubro entregarase aos usuarios do espazo cultural unha flor e unha cita literaria dunha escritora galega a todos os que collan prestado o libro dunha muller. Ademais, durante a xornada haberá un photocall para recoller as mellores imaxes neste día tan especial que celebrarase en diferentes puntos do país.

O vindeiro luns tamén comezará unha exposición de carteis que levará o título de “Mujeres, amor y libertad”, o lema da acción que nace coa acción da Biblioteca Nacional de España. A mostra durará ata o 24 de outubro. A Biblioteca Pública Neira Vilas tamén será o escenario dunha mostra bibliográfica durante todo o mes de outubro no que haberá autoras de diferentes estilos e ámbitos como a poesía, a novela ou o teatro.

Outra das accións interesantes no marco da celebración do Día das Escritoras é unha visita guiada pola biblioteca municipal o vindeiro mércores 16 de outubro. O espazo cultural tamén acollerá a sesión de “Pasen i escoiten!, Pasen i lean!” con versos de María do Carme Kruckemberg o vindeiro 15 de outubro ás 19:00 horas mentres que a recomendación do mes será a autora Carmen Martín Gaite.

Abel Caballero sinalou en rolda de prensa que con esta acción preténdese dende o Concello "difundir o legado cultural de escritoras en lingua española ou galega e, polo tanto, poñer de relieve as dificultades que tiveron as escritoras noutros tempos".

Salir de la versión móvil