Unha viaxe no tempo por Tui abre a nova edición do Play-Doc

Publicidad

Seis días para celebrar o cinema en Tui, nunha nova edición do Play-Doc que arranca este xoves ás 20:30 horas cunha "chea de filmes libres" a ser descubertos polo público tal e como sinalan os directores do certame. Coa obra do director estadounidense Peter Emanuel Goldman, referente do cine underground, como principal retrospectiva, o festival convida aos amantes do séptimo arte a mergullarse no acto inaugural nunha viaxe no tempo a través das imaxes en súper 8 de Tui. Con música en directo dunha banda de luxo formada específicamente para o evento, con Alex Toth, Jeremy Gustin e Ricardo Dias Gómez. Tras o evento, a película "Alberto García-Alix. La línea de la sombra" de Nicolás Combarro pon en marcha o décimo cuarto Play-Doc.

Un dos grandes obxectivos era recuperar e dixitalizar gravacións domésticas en Tui. Esa finalidade en colaboración con La Cinematográfica permite ver o valor documental dese material en súper 8 filmado nos anos sesenta, setenta e oitenta. Imaxes gravadas, na casa e na rúa, coa única ambición de formar o arquivo familiar e que hoxe en día nos revelan historia, memoria e, tamén, moitas emocións.

Unha selección desas imaxes forma parte da montaxe visual coa que se inaugura o Play-Doc, ao son dunha banda formada para a ocasión. Ricardo Dias Gómez, baixista de Caetano Veloso e un dos renovadores da escena musical de Río de Janeiro desde os noventa, Jeremy Gustin, espectacular batería, que vimos en 2017 co seu dúo Star Rove e requerido por artistas como David Byrne ou Marc Ribot, e Alex Toth, trompetista e fundador de Rubblebucket, a banda de Brooklyn que actúa en exclusiva en Tui o sábado 28 de abril. Eles tres serán os encargados de que a viaxe no tempo por Tui a través do cinema doméstico sexa, aínda, máis emocionante.

Retrato de Alberto García-Alix

Alberto García-Alix, Premio Nacional de Fotografía 1999, é referente de toda unha xeración e un dos autores máis importantes do panorama fotográfico internacional. Nicolás Combarro é desde hai máis dunha década unhas das persoas máis próximas ao artista; a súa cercanía e amizade fixo posible estre retrato de García-Alix. O realizador galego presenta en Play-Doc o xoves 26 "Alberto García-Alix. La línea del tiempo“, unha película testemuña directa das luces e sombras que o artista tivo que atravesar para atopar o seu camiño. Narrada dende a intimidade do seu estudio, amosa unha viaxe entre presente e pasado, un diálogo entre a súa vida e a súa obra.

”Alberto García-Alix. La línea del tiempo,” que se presentou na pasada edición do Festival de San Sebastián, é a película escollida para a xornada inaugural de Play-Doc. Un dos dez títulos da sección de cinema galego que, nas palabras da programadora Beli Martínez, ”é neste momento o mellor embaixador da cultura en Galicia”. Ás proxeccións galega sumaranse os encontros cos cineastas Oliver Laxe, Lois Patiño e Eloy Enciso, que compartirán co público o proceso de creación dos seus proxectos en curso.

Salir de la versión móvil