Vigo volveu gozar no Galician Freaky Film Festival “do mellor do peor” do cinema

Publicidad

A terceira edición do Galician Freaky Film Festival rematou tras unha última xornada chea de sorpresas, festa rachada e, por enriba de todo, o mellor cinema de serie B, pulp underground. O balance que fai a organización non pode ser mellor. “A Videodrome estivo chea durante toda a fin de semana”, comentou Juan de Castro, director do certame. “As cifras falan por si solas, case un millar de asistentes achegáronse durante o festival a desfrutar do espírito freak do GFFF”.

A noite do venres deu pura moito. Despois de dúas sesións de curtametraxes nas que case se rompe ao chegar as pezas que conformaban o bloque “Frikismo do país”, foi o momento para a festa e o concerto de Los Pontiaks co seu Hot Tod&Roll tan característico. “A verdade é que nesta edición tivemos un gran nivel”, afirmou De Castro, “xa non so pola cantidade de pelis que recibimos dende tódalas partes do mundo, tamén pola calidade de moitas delas e pola sorte de ter tido a musicalización en directo, as expos e este recibimento por parte do público”.

Nesta edición, seguindo o método do aplausómetro que tantas alegrías deu na televisión dos 80 e 90, a organización do Galician Freaky Film Festival concedeu tres premios: Premio Arrepío á Mellor Curtametraxe de Terror: “Het Juk” (El Ático) de Nico van den Brink; Premio Escarállome á Mellor Curtametraxe de Humor: “Maldición fatal” de Alberto Guisande; o Gran Premio GFFF á obra máis freak foi para “Los amigos – La pinícula” de Rabuñal Varela Omar. Así mesmo, a Asociación de Realizadores e Director de Galicia CREA, concedeu o Premio á Mellor Dirección, ‘ex aequo’, a “La Persistente” de Camille Lugan e “And So He Opens his Eyes” de Sergey Vasiliev.

Salir de la versión móvil