↥Publicidad
A Policía Local de Redondela conta xa cun novo vehículo adquirido pola Concellería de Seguridade e financiado a través do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra. A nova unidade, unha Renault Trafic Furgón Energy Blue de 145 CV, foi recepcionada pola alcaldesa Digna Rivas e o xefe da Policía Local.
A dotación deste vehículo forma parte dos plans da Concellería de Seguridade de reforzar os medios, tanto materiais como humanos, da Policía Local redondelá. Nesa liña de reforzo incorporáronse catro novos auxiliares de Policía a pasada semana.