Sanidade comunica o fin do episodio de contaminación microbiolóxica nas augas de Redondela

Publicidad

A Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade remitiu un informe ao concello de Redondela no que se da conta da “finalización do episodio de contaminación microbiolóxica nas augas de baño do seu concello”.  A administración sanitaria sinala que nas análises microbiolóxicas das remostraxes de auga de baño recollidas o día 12/09/2021, segundo os informes do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia do 14/09/2021, acadáronse niveis aceptables, tanto na praia de Arealonga como na de Rande. 

Segundo os datos remitidos por Sanidade á o Concello, afirma o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, estes dan conta que os niveis son aceptables xa que son inferiores a 800 NMP/100 ml de Escherichia coli e 500 NMP/100 ml de enterococos intestinais, “polo que non supoñen un risco para a saúde dos bañistas”.

Salir de la versión móvil