Treixadura presenta o seu novo disco, Inda canto, este venres en Vigo

Publicidad

O Teatro García Barbón acollerá este venres, 13 de abril, a presentación do novo traballo de Treixadura. "Inda Canto" será o sétimo disco de Treixadura, un dos grupos referentes da música galega que recolle a tradición e pon en valor a súa riqueza cultural.

A cita comezará ás 21:30 horas do venres nun concerto no que, logo de vinte e oito anos de traxectoria, o grupo aposta por reinventarse e seguir andando camiños musicais, sempre a carón da tradición. Composto por 12 cancións, Inda canto "responde á necesidade de Treixadura de seguir cantando e tocando".

Desde 1990 Treixadura constitúe un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita. Durante este tempo o grupo foi modelando o seu camiño, transformando o estilo, pero sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a interpretación da música tradicional ao máximo nivel artístico e escénico.


Entrevista Xabier Díaz: “É preciso crear unha marca noratlántica para amosar a nosa singularidade”


Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva. Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional. Treixadura é, ante todo, un grupo recoñecido pola súa recuperación do patrimonio cultural galego.

As entradas para o evento están xa á venda a través de Ataquilla cun prezo que arranca nos 4,5€.

 

MÁS OCIO EN VIGO Y SU ÁREA
Ir a la agenda completa >>> [stachethemes_ec view=agenda show_top=0 agenda_cal_display=0]
Salir de la versión móvil